Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 239/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de La Cañiza U.T.E., con domicilio en A Cañiza no que solicita autorización para instalar L.M.T.S. e 4 CC.TT. na autovía Ourense-Vigo, tramo A Cañiza-Batalláns (Boca C), concello da Cañiza, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a La Cañiza U.T.E. a instalación de L.M.T.S. e 4 CC.TT. na autovía Ourense-Vigo, tramo A Cañiza-Batalláns (Boca C), concello de A Cañiza.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 11 de decembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-1084