-Obra: acondicionamento do andar 3º do ambulatorio San José (A Coruña).
-Orzamento da contrata: 41.592.023 ptas.
-Prazo de execución: 3 meses.
-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.
-Fianza definitiva: 1.663.681 ptas
-Forma de tramitación: urxente.
-Variantes ó proxecto: non se admiten.
Exposición de proxectos: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación a presentar polos licitadores:
-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.
-No Sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rixe a adxudicación do contrato.
-No Sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do P.C.A.P. que rixe o presente concurso.
Apertura de proposicións: realizaráse pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.
P.D. (Decreto nº 199, do 16-6-1994)
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
1175