Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.358

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (35/1996-05).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo de autos de proceso de cognición que se seguen baixo o número 35/1996, a pedimento de Celso Mallou Otero, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Jesús Regueiro Fernández, Marina Campos Ferreira, José María Rey Castro, María Fuentes Mosquera, Concepción Agra Amboge e herdeiros de Higinio Rozas Suárez, sobre negatoria de servidume, pola presente cédula emprázanse, os herdeiros descoñecidos e incertos de Higinio Rozas Suárez, así como a calquera outra persoa

descoñecido e incierta que puidera ter interese no obxecto deste procedemento, para que, no imporrogable prazo de nove días, comparezca nos autos, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de que recaerán sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento en forma ós citados demandados, ós que se lles fai saber que as copias da demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, sello e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecientos noventa e seis

O secretario xudicial

Rubricado

243