Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

EDICTO.

Rematados os traballos de elaboración das normas subsidiarias de planeamento deste concello, nun grao de desenvolvemento que permite formula-los criterios obxectivos e solucións xerais de planeamento, ábrese un período de información pública de trinta días hábiles contados desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos que poderán formularse suxestións e, se é o caso, outras alternativas de planeamento por corporacións, asociacións e particulares.

Os traballos poden examinarse nestas dependencias municipais os días laborais, en horas de oficina.

O Corgo, 2 de febreiro de 1996.

José Antonio Ferreiro González

Alcalde