Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.323

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (209/1995).

En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 209/1995, promovido por Emérita Manteiga López, sobre declaración de falecemento de Manuel, Pedro e Felipe López Carballo, que emigraron a Cuba no ano 1915, sen que desde entón se volvese ter noticia ningunha deles. Manuel López Carballo, naceu o 11 de novembro de 1880 en Ordoeste (A Baña), fillo lexítimo de Pedro e de Ramona, polo que actualmente tería 115 anos; Pedro López Carballo naceu o 20 de agosto de 1883 en Jerez de la Frontera, fillo lexítimo de Pedro e de Ramona, polo que actualmente tería 112 anos; e Felipe López Carballo, naceu o 8 de novembro de 1888 en Jerez de la Frontera, fillo lexítimo de Pedro e Ramona, polo que actualmente tería 107 anos.

O que para os fins previdos nos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuízamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no BOE e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer ante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o viteoito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

0011