Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.314

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996 pola que se amplía o prazo de inscrición do II Curso Superior de Xestión Medioambiental.

Faise público que se amplía ata o próximo día 14 de marzo o prazo de inscrición no II Curso Superior de Xestión Medioambiental. Aténdense deste xeito as numerosas peticións recibidas neste sentido por unha gran maioría de interesados de dispoñer de máis tempo para a preparación e presentación da documentación esixida nas bases da convocatoria do citado curso.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

95-0856