Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.292

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 307/1995, do 13 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia e se establece a súa composición e o seu réxime de funcionamento.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 230, do xoves 30 de novembro de 1995, compre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 9.101, no terceiro apartado do preámbulo da disposición regulamentaria, onde di: «e das federacións galegas de concellos e provincias», debe dicir: «e da federación galega de concellos e provincias».

-Na páxina 9.102, no apartado 2 do artigo terceiro, omitiuse o seguinte texto que será intercalado a continuación do parágrafo 2. En representación da Administración local: «Un representante por cada unha das deputacións provinciais galegas, designados polo presidente do Consello Asesor, a proposta de cada deputación».

-Na páxina 9.102, no cuarto apartado do número 9, onde di: «Un representante por cada unha das cadeas privadas de frecuencia modulada da nosa comunidade...», debe dicir: «Un representante por cada unha das cadeas privadas de onda media ou de frecuencia modulada da nosa comunidade...».

-Na páxina 9.102, no apartado 11, entre os dous parágrafos que comprenden este apartado, ten que incluírse o seguinte texto: «Un representante das asociacións de telespectadores e radiooíntes, designado polo presidente do Consello Asesor, a proposta conxunta de todas elas».

1103