Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/7 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en Foxo-Rebordáns, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. Tui-Ribadelouro ata o C.T. que se proxecta en Foxo-Rebordáns, concello de Tui.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea a 15/20 kV, de 800 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15/20 kV, 220/380 V. R.B.T., aérea, de 360 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 11.400.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

768