Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.198

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (154/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia do día da data, dictada no xuízo de faltas número 154/1995, sobre lesións en accidente de tráfico, cítase a Fernando Costa Gil, actualmente en paradoiro descoñecido, para que compareza ante este xulgado o próximo día cinco de marzo de mil novecentos noventa e seis ás dez quince horas, para asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, cos medios de proba de que intente valerse, facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, podendo facelo acompañado de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Santiago de Com

postela o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario xudicial

831