Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e un C.T. en San Xurxo-Alto da Forca, concello de Salcceda de Caselas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Electra Alto Miño, S.A., a instalación dunha L.M.T. e un C.T. en San Xurxo-Alto da Forca, concello de Salceda de Caselas,
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 12 de decembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
776