Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo (Lugo).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo (Lugo) no que solicita a ampliación de unha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste Real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se da no centro solicitante.

Esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se

relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1996.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

PROVINCIA DE LUGO

Concello: Ribadeo.

Localidade: Ribadeo.

Enderezo: Carlos III, s/n.

Denominación: Sagrado Corazón de Jesús.

Titular: Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl.

Nivel: Educación Infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 4.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 5.

772