Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1995, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área Ferrol), pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso 4/1995.

O xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e en cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos de administracións públicas, acordou darlle publicidade ás adxudicacións dos seguintes concursos:

Concurso 4/1995:

Lote: 1

Obxecto: adquisición e instalación in situ, de equipamento informático e impresoras para a renovación da actual rede informática.

Orzamento: 2.402.994 ptas.

Adxudicatario: Setinor, S.A.L.

Lote: 2

Obxecto: instalación de cableado 10 base apantallado segundo características da folla de pres

cricións técnicas, para 22 postos, e adquisición dun moble RAC para distribución de postos de rede para albergar electrónica activa e paneis distribuidores para un mínimo de 48 postos.

Orzamento: 673.172 ptas.

Adxudicatario: Setinor, S.A.L.

Lote: 3

Obxecto: adquisición de diverso software informático.

Orzamento: 727.372 ptas.

Adxudicatario: Setinor, S.A.L.

Lote: 4

Obxecto: transformación-actualización a 486 DX2/66 con 8 Mb de memoria RAM e cambio de microprocesador e placa base de varios ordenadores personais 386.

Orzamento: 742.400 ptas.

Adxudicatario: Setinor, S.A.L.

Ferrol, 22 de novembro de 1995.

Bernardo Seoane Díaz

Director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol

577