Visto o expediente incoado por José Sobradelo Vicente, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Joeiva nº 1, outorgado pola orde ministerial do 27-5-1964 (BOE nº 153), situado na cuadrícula nº 61, do polígono A de Vilagarcía de Arousa, rema
tando a concesión o 26-6-2004, e do que era titular Antonio Sobradelo Rey.
Tendo en conta o informe emitido polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, a consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José Sobradelo Vicente, Manuel Sobradelo Vicente e Juan Sobradelo Vicente, como nus propietarios por terceras partes indivisas.
Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.
Vigo, 24 de xaneiro de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Juan M. López García
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
753