Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.161

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de xaneiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Durán número 3.

Visto o expediente incoado por José Sobradelo Vicente, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Durán nº 3, outorgado pola orde ministerial do 20-5-1964 (BOE nº 133), situado na cuadrícula nº 159, do polígono A de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión o 20-5-2004, e do que era titular Antonio Sobradelo Rey.

Tendo en conta o informe emitido polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José Sobradelo Vicente, Manuel Sobradelo Vicente e Juan

Sobradelo Vicente, como nus propietarios por terceras partes indivisas.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 24 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

751