Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/134-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado 2 ó proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Balado-Barciela.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 604 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. cuartel Garda Civil (Expte. 17.929) e remata no C.T. que se vai construír tipo intemperie de 100 kVA no lugar de Balado-Barciela e o seu acoplamento á R.B.T. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0692