Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de febreiro de 1996 pola que se lle outorga a Repsol Butano, S.A. concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal da Rúa (Ourense).

A empresa Repsol Butano, S.A., con enderezo en Madrid, r/ Arcipreste de Hita nº 10, solicitou concesión administrativa para o servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal da Rúa.

As características principais das instalacións son as seguintes:

-A estación de G.L.P., cunha capacidade de almacenamento de 237 m.

-A rede de distribución, soterrada na súa totalidade e deseñada para a futura distribución de gas natural, composta por tubería de polietileno de media densidad, SDR 11, segundo UNE 53.333, con distintos diámetros segundo as necesidades de consumo.

O orzamento ascende a cento cincuenta e oito millóns de pesetas (158.000.000 ptas.).

Cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído ó efecto, de conformidade co previsto no Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, que continuará en vigor de acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, en tanto non se aproben as disposicións de desenvolvemento dela.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para outorga-la correspondente concesión administrativa de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia; co Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; co Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; co Decreto 209/1990, do 15 de marzo, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño e co Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Outorgarlle á empresa Repsol Butano, S.A. a concesión administrativa solicitada para o servicio público de gas propano comercial no termo municipal da Rúa, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Repsol Butano, S.A. constituirá nun prazo de dous meses, a contar desde o momento do outorgamento da concesión, unha fianza por valor de 3.160.000 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o artigo 7, apartado b) da Lei 10/1987, do 15 de xuño, e o artigo 13 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles. A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, fianza que será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-De acordo co disposto no artigo 21 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, dentro do prazo dun año, contado a partir da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, Repsol Butano, S.A. solicitará da Consellería de Industria e Comercio de la Xunta de Galicia, a autorización para a montaxe das instalacións, presentando o proxecto detallado delas.

Terceira.-Nas instalación e nas súas montaxes deberase cumpri-lo establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gaseosos, aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificada polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983 e 6 de xullo de 1984. Estas instalacións

preveranse para responder ós avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

O cambio das características do gas subministrado ou a substitución por outro intercambiable, requirirá a autorización da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 8º, apartado c), do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

Cuarta.-O concesionario deberá manter unha correcta subministración e unha axeitada e eficiente conservación das instalacións, sendo responsable da conservación e bo funcionamento deles.

O concesionario queda suxeito a cantas prescricións se establecen no citado regulamento xeral e a cantas outras disposicións estean dictadas ou se dicten polo Ministerio de Industria e Enerxía ou a Xunta de Galicia sobre subministración de gases combustibles e súas instalacións.

Quinta.-A determinación das tarifas de aplicación ós subministros de gas rexerase polas disposicións vixentes no seu momento sobre a materia.

Sexta.-A presente concesión outorgase por un prazo de setenta e cinco anos. As instalacións obxecto desta concesión reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia ó transcorre-lo prazo sinalado, de acordo co artigo 7, apartado c) da Lei 10/1987, do 15 de xuño.

Sétima.-Repsol Butano, S.A. poderá transferir en calquera momento a concesión, requiríndose a autorización previa da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados da concesión.

Oitava.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense coidará do exacto cumprimento das condicións estipuladas por esta orde.

Os recoñecementos, ensaios e probas, de carácter xeral ou parcial, que segundo as disposicións en vigor deban realizarse nas instalacións obxecto da concesión serán comunicadas polo concesionario á citada delegación provincial coa debida antelación.

Novena.-En casos de incumprimento das obrigas do concesionario que poidan afectar á continuidade e seguridade do servicio público e para garanti-lo mantemento do servicio ós seus usuarios, a Xunta de Galicia poderá acorda-la intervención da correspondente empresa concesionaria, de acordo co artigo 128 da Constitución, adoptando as medidas oportunas para mante-los subministros.

Décima.-Serán causas de extinción da presente concesión, ademais das sinaladas no apartado e) do artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, as seguintes:

a) O incumprimento do apartado b) do artigo 7 da Lei 10/1987.

b) A introducción de calquera variación ou ampliación na execución dos proxectos, non autorizadas pola Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, salvando as modificacións precisas para que se cumpran as disposicións vixentes.

c) Se non se levasen a cabo as instalacións de acordo coas condicións impostas na presente resolución e na autorización para o montaxe delas.

Sen embargo, se por evolución da técnica ou a distribución de gas, por utilización de diferentes materias primas ou por outras causas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións obxecto da presente orde; Repsol Butano, S.A., poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das instalacións, sen altera-las restantes condicións da concesión e coa mesma data de reversión que as instalacións substituídas, ou ben

2. O outorgamento da correspondente concesión para as novas instalacións, se pola importancia dos investimentos que estas supoñan, non puidese obter unha compensación económica adecuada durante o prazo que restase para a caducidade da concesión antes mencionada, tendo en conta sempre os dereitos que a Comunidade Autónoma de Galicia poida ter sobre os elementos cambiados.

Undécima.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Duodécima.-Esta concesión outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros, necesarios para a realización das obras das instalacións de gas.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

921