Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.142

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Quiñones de León de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Quiñones de León de Vigo (Pontevedra) no que solicita a ampliación dunha unidade de 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, se entenden autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autorizarlle a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1996.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

-Provincia de Pontevedra.

Conello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Travesía de Vigo, 36, 38.

Denominación: Quiñones de León.

Titular: Quiñones de León, S.L.

Nivel: educación infantil, 2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades de novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 3.

787