O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de decembro de 1995, acordou aproba-lo prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso por procedemento aberto para concesión da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga, saneamento e mantemento da estación depuradora de augas residuais de Ribadavia, o que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que, de conformidade co artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, durante o prazo de oito días, a partir da publicación deste anuncio no BOP poidan presentarse as reclamacións que se consideren oportunas.
Obxecto: a concesión administrativa da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga, saneamento e mantemento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ribadavia.
Duración: vinte anos, que serán prorrogables por períodos de cinco anos, ata un máximo legal de cincuenta anos.
Canon: o do abastecemento virá determinado pola diferencia existente entre a tarifa media vixente e o custo unitario do servicio. Achegarase plano de investimento e calendario de execución. O do saneamento e mantemento da estación depuradora de augas residuais deberá sinala-lo canon anual de explotación.
Expediente: encontrarase de manifesto na secretaría do concello, sito na Praza Maior, s/n, de Ribadavia, onde poderá examinarse e retirarse copias durante o prazo de presentación de proposicións.
Garantía provisional: 500.000 ptas.
Garantía definitiva: 20.000.000 de ptas.
Presentación de proposicións: en man no rexistro xeral do Concello de Ribadavia, dentro do prazo de 26 días, contados a partir do seguinte ó do que apareza publicado o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 14 horas.
Apertura de proposicións: na Casa Consistorial do Concello de Ribadavia, ás trece horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións.
Modelo de proposicións: as proposicións que presenten os licitadores, axustaranse ó seguinte modelo:
Don/Dona..., veciño de..., con domicilio na rúa..., nº.., DNI nº..., actuando en nome propio/na representación de..., segundo poder bastanteado que se achega, informado do anuncio publicado por ese concello no DOG nº..., correspondente ó día... de... de..., e no BOP de Ourense, número..., correspondente ó día... de... de..., relativo ó expediente instruído para adxudica-la concesión administrativa mediante concurso para a concesión da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga potable, saneamento e mantemento da estación depuradora de augas residuais de Ribadavia, con coñecemento do prego de condicións económico-administrativas, prego de bases técnicas do saneamento e mantemento da EDAR e demais documentos que integran o expediente do citado concurso, no nome e representación invocada afirma:
1. Que acepta na súa integridade no prego de condicións económico-administrativas, e o prego de bases técnicas do saneamento e mantemento da EDAR, e os documentos que os completan.
2. Que se compromete, no caso de ser adxudicatario do concurso, á prestación dos servicios obxecto do contrato, suxeitándose en todo momento ás condicións establecidas e demais disposicións aplicables, as cales manifesta coñecer nas seguintes condicións:
a) Que, o canon que se vai percibi-lo concello (ou a subvención que vai percibi-lo concesionario), é de... (en letra e número) pesetas por cada metro
cúbico de auga potable subministrado e facturado ós abonados do servicio.
b) Que o canon anual que vai percibi-lo concesionario pola prestación dos servicios de saneamento e mantemento da EDAR, é de... (en letra e número) pesetas anualmente.
c) Que o importe total dos investimentos que vai efectua-lo concesionario é de... (en letra e número) pesetas, segundo o plano de investimentos que figura na documentación económica presentada.
Que para a determinación do referido canon (ou subvención), e de acordo ó establecido na cláusula 79ª do prego de condicións se prevén os seguintes valores:
a.1. Que de conformidade cos ingresos tarifados previamente por aplicación ós abonados das tarifas actualmente vixentes, resulta unha tarifa media de... (en letra e número) pesetas por metro cúbico de auga facturada.
a.2. Que o custo unitario do servicio de abastecemento e saneamento de auga, calculado de conformidade co establecido na base 3ª a) é de... (en letra e número) pesetas por cada metro cúbico de auga facturada.
3. Que a documentación esixida e, en concreto, a oferta económica, consta na proposición presentada.
En Ribadavia, ... de... de...
Documentación da proposición: acompañarase toda a documentación que sexa necesaria en función do prego de condicións.
Gastos: serán por conta do adxudicatario o aboamento do importe dos anuncios, así como calquera outro que orixine a contratación.
Ribadavia, 3 de xaneiro de 1996.
Jaime Dávila Sánchez
Alcalde
9600896