Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso da contratación da suministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de hematoloxía para a realización de hemogramas (C.P. 1/1996).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de l994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

I. Obxecto e orzamento: contratación da subministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de hematoloxía para a realización de hemogramas (C.P.1/96) por un orzamento de 6.300.000 (seis millóns trescentas mil), IVE incluído.

II. Prazo de entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de l996 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas adminsitrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, Tlfno. (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

IV. Admisión de variantes: admítense variantes.

V. Solvencia económica e financieira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no Art. 18 da Lei de contratos das adminstracións públicas.

VII. Criterios da adxudicación:

1. Medios técnicos: ata 6 puntos.

2. Asistencia técnica: ata 6 puntos.

3. Prezo: ata 5 puntos.

4. Control de calidade: ata 4 puntos.

VIII. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 de Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

IX. Clasificación: non se esixe.

X. Presentación da proposición: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimoprimeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 18 de decembro de l995.

Fernando Varel Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

574