Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 411/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. na Rúa Nova-Beluso, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente Beluso-Vila alimentado por la L-32.02 Cangas-Erbello ata o C.T. que se proxecta na Rúa Nova-Beluso, concello de Bueu.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterranea, a 20 kV, de 395 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-398/220 V.

R.B.T., subterránea, de 230 m de lonxitude, con conductor R.V.

Orzamento: 14.110.731 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 26 de decembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-0451