Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1996 pola que se convoca o concurso público número 1/1996 para adquisición de diverso material con destino á Casa do Patín no Campus de Ferrol-Esteiro e a ETSA no Campus da Zapateira-A Coruña, dependentes desta consellería.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público número 1/1996 para adquisición de diverso material con destino á Casa do Patín no Campus de Ferrol-Esteiro e a ETSA no Campus da Zapateira-A Coruña, dependentes desta consellería.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administratiavas particulares, específico deste concurso.

Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación, edificio San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11 r/ Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o luns 25 de marzo ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

Documentación que presentarán ós licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións económicas: realizarase o mércores 27 de marzo a partir das 10 horas.

Prazo de execución: 1 mes a contar desde a notificación da adxudicación.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Presuposto de licitación: 34.595.087 ptas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

469