Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de equipamento da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Rede Troncal), depedente desta consellería (expediente número 3695).

Pola Resolución do 7 de decembro de 1995 aprobouse un gasto de 18.000.000 de ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de equipamento da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Rede Troncal), dependiente desta consellería. Expediente número: 3695.

Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demáis lexislación vixente, reunida a mesa de contratación o 27 de decembro de 1995, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora.

Esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-la mencionada contratación da siguiente forma:

Importe

** Empresa Unitronics17.974.507

** Total **17.974.507

Segundo.-O prazo de execución será de 15 días contados desde a notificación da adxudicación.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

875