Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.106

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 29 de xaneiro de 1996 pola que se nomea un vocal da Mesa provincial de Ourense de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

Os artigos 36 e 37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, en concordancia co artigo 80 do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispoñen a constitución dunha mesa a nivel provincial en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, que actuará como órgano superior de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia e que estará integrada, entre outros membros, por sete representantes das organizacións empresariais máis representativas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da Mesa Autonómica da Renda de Integración Social publicadas no Diario Oficial de Galicia de data 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, foille comunicada a esta consellería a proposta da Confederación de Empresarios de Ourense, na que acorda substituír a un dos seus actuais vocais titulares.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/88, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear, en representación da Confederación de Empresarios de Ourense, a Sonia Fernández Barciela vocal titular da Mesa provincial de Ourense de control e seguimento da renda de integración social de Galicia, en substitución de Alberto Domínguez Royo.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

0615