Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle das parcelas 22, 23 e 24 do polígono 36 do PERI do Calvario.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 30 de novembro de 1995, o estudio de detalle das parcelas 22, 23 e 24 do polígono 36 do PERI do Calvario (3690/411), redactado polo arquitecto José A. Martín Curty, visado polo COAG con data 29 de xuño de 1995, coas particularidades seguintes:

a) A conservación da praza deberán levala a cabo os particulares.

b) Deberán introducirse as medidas tendentes a elimina-las barreiras arquitectónicas existentes.

Sométese a información pública, polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro de anuncios do concello, con notificacións individuais.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 5 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

i_timelastmodified:TR|14 Nov 1998 05:38:01 +0100