Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de transporte dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

Obxecto: servicio de transporte dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público e trámite de urxencia.

Orzamento máximo de licitación: 3.150.000 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 63.000 ptas.

Garantía definitiva: 126.000 ptas.

Prazo de execución: desde o 4 de marzo ata o 12 de xullo de 1996.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 19 da Lei 13/1995.

Criterios de adxudicación:

-Prezo.

-Experiencia.

-Cualificación profesional.

Exposición de pregos: o prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, estarán á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade, durante o prazo de presentación das proposicións.

Modelo de proposición: a proposición axustarase estrictamente ó modelo que se xunta como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro da Academia Galega de Seguridade, sita no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, 15703 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 de Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de profesores da Academia Galega de Seguridade ás 10 horas do quinto día natural seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

0195