Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de aloxamento dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas, será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de profesores da Academia Galega de Seguridade ás 10 horas do quinto día natural seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director Xeral da Academia Galega de Seguridade

845