Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 1996, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número DX-00101-I-95 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 1996.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-hora-estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00101-I-95

M-2313-NH

L7OT0000340

Garcotráns, S.L.

República Arxentina, 2

36201 Vigo

Pontevedra

Realizar transporte público de mercadoría carecendo de autorización administrativa. Cumprindo os requisitos esixidos para o seu otorgamento.

23-2-1995; 16.52; N-VI; 496,500

Art. 142 A) LOTT

Art. 199 A) RGTO

143 LOTT

201 RGTO

25.000

DX-00331-I-95

O-4479-EN

LE9OR0032413918

Inclán Zamora,

Luis Manuel

Teniente Alfonso Martínez,

1, 2º B

33011 Oviedo

Realizar transporte de mercadorías cun exceso de peso do 40% sobre o peso máximo autorizado do vehículo. Vehículo de 4 ou menos toneladas de P.M.A.

13-7-1995; 10.35; N-VI; 496,600

Art. 141 O)

en Relac. co 140 C)

LOTT Art. 198 P)

en Relac. co 197 C)

RGTO

143 LOTT

201 RGTO

175.000

DX-00369-I-95

Varias

LEOR0033251838

Trans Dogama, S.L.

Aragón, 143

36206 Vigo

Pontevedra

Carencia de discos por un total de 2.102 qm no vehículo matrícula V-4185-DC. Carencia de discos por un total de 2.358 qm no vehículo matrícula V-4186-DC. Carencia de discos por un total de 1.178 qm no vehículo matrícula V-4107-DB.Art. 141 Q) LOTT

Art. 198 I) RGTO

143 LOTT

201 RGTO

660.000

DX-00370-I-95

Varias

LE9OR0033251838

Trans Dogama, S.L.

Aragón, 143

36206 Vigo

Pontevedra

Exceso inferior ó 20% nos tempos máximos de conducción diarios permitidos. Incumprimento das interrupcións á conducción.Art. 142 K)

e Art. 142 N) LOTT

Art. 199 I) e

Art. 199 O) RGTO

143 LOTT

201 RGTO

25.000

DX-00372-I-95

LE9OR0033251838

Trans Dogama, S.L.

Aragón, 143

36201 Vigo

Pontevedra

Obstrucción á actuación dos servicios de inspección sen darse as condicións previstas para a súa cualificación como infracción moi grave.Art. 141 N) LOTT

Art. 198 Ñ) RGTO

143 LOTT

201 RGTO

230.000

95-0427