Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.087

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa ó prazo de presentación de solicitudes dos aspirantes a nomeamentos e contratacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

1. Tense constancia de que se veñen producindo incertezas por parte dos aspirantes en canto á exacta concreción do prazo de presentación de solicitudes ás listas de nomeamentos e contratacións temporais, no referente á data do seu inicio e finalización.

2. A cuestión suscítase por mor da publicación da convocatoria no DOG con data 26 de xaneiro de 1996 (DOG nº 19), que suporía o comezo do prazo de presentación de solicitudes o día seguinte.

3. A publicación nesa data produciuse por un erro, xa que inicialmente estaba prevista para o luns día 29 de xaneiro. E con tal previsión articulouse o proceso, coa información pública necesaria e incluso comunicacións a interesados fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, coa indicación de que o prazo sería do 30-1-1996 al 13-2-1996 (ambos inclusive).

Así mesmo, en correspondencia co mencionado proceso soamente se admitirón as instancias a partir do día 30-1-1996 inclusive.

En consecuencia,

DISPONSE:

Artigo único.-O prazo de presentación de instancias principia o día 30-1-1996 e rematará o vindeiro día 13-2-1996 ambos inclusive, coa anulación e carencia de efectos do prazo que deriva da publicación da convocatoria na data 26-1-1996.

Santiago de Compostel, 2 de febreiro de 1996.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

783