Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.010

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (160/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada no xuízo de faltas número 160/1995, sobre agresión, cítase a Juan Carlos Lema Balsa, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza, perante este xulgado, o vindeiro día cinco de marzo de mil novecentos noventa e seis, ás 10.30 horas para asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, cos medios de proba de que intente valerse, facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, podendo facelo acompañado de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula, en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

0548