Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.009

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (112/1995).

M. Coral Rodríguez Liñares, xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Padrón.

Fai saber: que neste xulgado se seguen dilixencias de xuízo de faltas 112/1995, en relación a lesións en agresión en data 20 de outubro de 1994.

Descoñecéndose o domicilio da denunciada Pilar Gómez, pola presente cédula cítase de comparecencia, perante este xulgado sito na r) Tetuán, s/n, o próximo día trece de marzo de mil novecentos noventa e seis, ás 10 horas, co fin de asistir á celebración do xuízo de faltas, prevíndoa de que deberá comparecer cos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, facturas, etc.), e que de non comparecer recaerán sobre ela os prexuízos a que houber en dereito.

Dado en Padrón o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

709