Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria que se levou a efecto o día 22 de decembro de 1995, aprobou inicialmente o anexo reformado ó estudio de detalle de iniciativa particular, promovido por Domus Nerga, S.L. relativo ás parcelas G2, 21 a 26 e metade da 27 do Plan Parcial do polígono de Torneiros.

Esta aprobación inicial supón a suspensión do outorgamento de licencias unicamente na área comprendida no propio estudio de detalle, ata a súa aprobación definitiva, de conformidade co disposto no artigo 102 e demais concordates do Real decreto lexislativo 1/1992 do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Durante o prazo de quince días contados a partir da última publicación que deste anuncio se faga no Diario Oficial de Galicia, no BOP ou nun diario dos de máis difusión da provincia, poderá ser examinado o expediente na secretaría do concello e presentarse alegacións.

O Porriño, 9 de xaneiro de 1996.

José Manuel Barros González

Alcalde

118