Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/193-2, libro de rexistro 4448 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Acevedo e S. Xorxe.

Situación: Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, de 359 e 23 metros de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm Al, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, o remate das L.M.T. nos lugares de Acevedo e S. Xorxe. Liñas de baixa tensión en conductores R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados en fachadas, para mellora do servicio en Acevedo e S. Xorxe, en Ribeira de Piquín.

Orzamento: 10.685.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

Lugo, 19 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

493