Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 1996 Páx. 948

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996 pola que se notifica acordo de incoación de procedemento disciplinario a Elena Amalia Mayán Caamaño.

En exercicio das facultades conferidas polo artigo 17 do Decreto 94/91, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, se resolveu publica-lo acordo de incoación do procedemento disciplinario, por non ser posible a súa notificación de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No referido acordo de incoación adoptouse tamén a decisión de suspender provisionalmente das súas funcións, por tres meses, a expedientada debido á gravidade e trascendencia dos feitos que se lle imputan.

Nomeouse instructora do procedemento a María Siso Vega e secretaria a Alicia Vargas Blanco, funcionarias con destino na Delegación Provincial desta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da citada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

217