Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 1996 Páx. 834

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

Por resolución deste centro directivo do 11 de decembro de 1995 (DOG nº 239, do 15 de decembro), decláranse con carácter provicional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

Rematado o prazo previsto na dita resolución para emendar, se fose o caso, o defecto que motivou a exclusión dos aspirantes, procede agora, de conformidade co disposto nos apartados 4 e 6 da base cuarta da convocatoria, dictar resolución na que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada unha das categorías convocadas sinalando os lugares onde poder ser examinadas e incorporando ás ditas listas definitivas a sede asignada a cada aspirante pola Administración para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, salvo na categoría do grupo técnico da función administrativa na que o dito exercicio se realizará de xeito unitario, nunha soa sede. Por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

Segundo.-De conformidade co disposto no apartado 4 da base cuarta da convocatoria a estimación ou, se é o caso, a desestimación das peticións de emenda dos listados provisionais de admitidos e excluídos entenderanse implícitas na presente resolución.

Terceiro.-Igualmente, de conformidade co disposto no apartado 6 da dita base cuarta, no listado definitivo de aspirantes admitidos inclúese a sede asignada pola Administración para a realización do primeriro execicio da fase de oposición naquelas cate

gorías en que, en atención ó número de aspirantes e a dispoñibilidade de lugares para a súa realización, resulta necesario establece-la oportuna distribución territorial, salvo na categoría do grupo técnico da función administrativa na que o dito exercicio se realizará de xeito unitario nunha soa sede.

Cuarto.-Contra a dita asignación de sede non caberá reclamación ningunha, de conformidade co establecido na convocatoria.

Quinto.-Os listados coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e as sedes asignadas para a realización do primeriro exercicio da fase de oposición poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de información ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das administracións das xerencias de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid sita na rúa Casado de Alisal, número 8.

Sexto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados, nos termos previstos no apartado 2 da base décima da Resolución do 19 de xuño de 1995.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1996.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

0014