Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de servicios polo procedemento do concurso público aberto.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato:

Título: Resolución do servicio de atención ó teléfono do menor.

Adxudicatario: Grupo Clave Consultores, S.A.

Orzamento da adxudicación: 7.880.192 ptas.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

96-538