Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 774

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1996 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de fisioloxía, do departamento de Bioloxía Fundamental, a Federico Mallo Ferrer.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituida para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo con data 3 de marzo de 1995 (BOE do 24-3), para a provisión dunha praza de profesor titular de Universidade da área de coñecemento de fisioloxía, do departamento de Bioloxía Fundamental da universidade de Vigo, a prol de Federico Mallo Ferrer, DNI nº: 36.051.571, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Federico Mallo Ferrer profesor titular de universidade da área de coñecemento de fisioloxía, do departamento de Bioloxía Fundamental Universidade de Vigo.

Este nomeamento poducirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Vigo, 10 de xaneiro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

0388