En virtude do establecido no artigo 8º, parágrafo primeiro, da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, por proposta conxunta dos conselleiros de Economía e Facenda e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de consulta-las entidades, organizacións e asociacións lexitimadas para ter representación no consello,
DISPOÑO:
Artigo Único.-Noméase presidente do Consello Económico e Social de Galicia a Luís Suárez-Llanos Gómez.
Santiago de Compostela, vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
0608