Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 335/1995 (Diario Oficial de Galicia nº 4, do 5 de xaneiro de 1996) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 18-5-1995, fáiselles saber a tódolos afectados, pola execución dos proxectos que a seguir se indican liña eléctrica a 66 kV de Palas de Rei a Friol, propiedade da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domcilio na Coruña, r/ Fernando Macías, 2, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 18-5-1995, e expostas nos taboleiros oficiais das casas dos concellos e no desta delegación

provincial, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírteselles ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándose días e hora para o levantamento das actas que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levantalas, para os únicos

efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 9 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-131