Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 726

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (148/1992-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas nº 148/1992-M, tramitado por lesións e danos en accidente de tráfico, cítase a María Isabel González Ces, en paradoiro descoñecido, para o día 2 de febreiro de 1996, ás 10.40 horas, co fin de que compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos ós que houber lugar en dereito, e de que deberá ir provista do DNI e as probas das que intente valerse.

En Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1996.

A secretaria

Rubricado

95-0147