Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 1996 Páx. 718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de decembro de 1995 pola que se convocan varias actividades de formación para o persoal ó servicio da Administración autonómica de Galicia.

Advertido erro na convocatoria dos cursos para o obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia, cómpre face-la pertinente corrección na antedita resolución, publicada no DOG número 3, do 4 de xaneiro de 1996; así:

-Na páxina 154, cursos para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia, ó final do parágrafo terceiro da base segunda, criterios de selección dos participantes, onde di: «publicación no DOG desta resolución:»; debe dicir: «finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no curso:».

-Na páxina 156, no anexo III, no apartado «CERTIFICA:», onde di: «da publicación desta resolución no DOG»; debe dicir: «da finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no curso».

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

268