Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 668

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de vinteúnha bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, convocadas por Orde do 6 de novembro de 1995 (DOG número 238, do 14 de decembro).

De acordo coa proposta contida na acta da sesión celebrada o día 15 de xaneiro de 1996 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 238, do 14 de decembro de 1995, e de conformidade co establecido na base terceira na referida orde de convocatoria, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder vinteúnha bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

Segunda.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será de 122.000 pesetas, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 17 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1996.

Terceira.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución

no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1996.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Apelidos e nome dos bolseirosNIF

Proxecto I: diccionario de fraseoloxía galega:
Anido Silvosa, Mª Xesús33.316.673T
Lamela Villaravid, Mª do Carme76.570.099V

Proxecto II: terminoloxía marítima:
Fernández Pérez, José Luis36.094.912T

Proxecto III: construcción, etiquetación e lematización do corpus do galego:
Araújo García, Mª Teresa35.457.907A
Diz Gamallo, Inés Mª35.561.285L
Monteagudo Cabaleiro, Mª Teresa36.091.491Y
Vázquez Grandas, Mª del Pilar32.791.205J

Proxecto IV: construcción dun sintetizador texto-voz en galego:
Fernández Rei, Elisa33.992.319K

Proxecto V: dimensións da identidade colectiva en Galicia:
Pérez Fra, Mª do Mar33.316.886Y

Proxecto VI: lírica medieval galego-portuguesa:
Magán Abelleira, Fernando33.278.788L
Rodiño Caramés, Ignacio35.318.409T
Rodríguez Castaño, Mª del Carmen36.093.989C
Ron Fernández, Xosé Xabier32.656.790X

Proxecto VII: diccionarios de literatura:
González Fernández, Mª Fe33.317.564V
Requeixo Cuba, Armando33.323.778K
Rodríguez Blanco, Jesús Antonio34.959.681A
Sierra Veloso, Xurxo36.091.874K
Soto López, Mª Isabel36.090.165Z

Proxecto VIII: bibliografía xeral da literatura galega:
Domínguez Alberte, Xoán Carlos36.074.055G
Eguizábal Gándara, Begoña36.073.762X
Rodrígues Estéves, Amelia36.149.520Y

445