Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 1996 Páx. 661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de decembro de 1995 pola que se convocan axudas para a realización de escolas viaxeiras durante o ano 1996.

A escolas viaxeiras cumpren unha función importante ó facilitarlles ós alumnos a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o neno nun medio diferente ó seu que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co profesor e outros compañeiros, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral, ó coñecer diferentes lugares, xentes, terras, costumes, historias e recursos.

Con base no acordo subscrito pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación e Ciencia e co fin de permitirlles ós alumnos galegos de educación primaria o contacto directo con outras zonas e culturas de España, esta consellería,

DISPON:

Primero.

1. Convocar 540 axudas (36 grupos) destinadas a alumnos de 5º e 6º de educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia, para participaren na actividade das escolas viaxeiras.

2. As escolas viaxeiras levaranse a cabo nas datas comprendidas entre o 16 de abril e o 3 de xuño (primeira quenda) e entre o 1 de outubro e o 25 de novembro (segunda quenda) de 1996.

3. Os/As alumnos/as participantes integraranse en grupos de quince (15), ós que acompañará un/unha profesor/a do seu centro.

Segundo.

Cada grupo de quince alumnos/as percorrerá, xunto con outros dous grupos similares doutras comunidades, unha das rutas relacionadas no anexo I, ó longo dunha semana, iniciándose o seu percorrido o martes da semana que corresponda coa chegada dos alumnos a cabeceira da ruta, e finalizando o luns seguinte.

Tercero.

As axudas ás que se refire a presente orde comprenderán:

a) O transporte en ferrocarril desde a estación de tren máis próxima ó lugar de procedencia dos alumnos ata a cabeceira da ruta e viceversa, así como, o correspondente transporte aéreo no caso dos que percorran as rutas de Canarias.

b) Os gastos de aloxamento e manutención nos centros de acollida.

c) Os gastos de transporte por estrada correspondentes ó percorrido de cada ruta.

d) A cobertura de riscos durante o período de duración das escolas viaxeiras.

Cuarto.

Os/As profesores/as acompañantes (un por cada grupo de 15 alumnos/as) que terán que ser necesariamente os titores ou, se é o caso, profesores/as dos que habitualmente imparten clase ó grupo de alumnos/as, disporán de transporte e aloxamento gratuítos en termos similares ós indicados para o alumnado, beneficiándose, igualmente, da cobertura de riscos durante o período de duración das escolas viaxeiras.

Os devanditos profesores acompañantes serán os responsables da elaboración do anteproxecto de actividades que se menciona no punto seguinte.

Así mesmo, e no caso de seren seleccionados, prepararán cos alumnos/as os itinerarios da ruta que van realizar, e serán orientados en función dos obxectivos específicos que cada grupo pretenda conseguir e de acordo cos materiais e orientacións que reciban desde a coordinación, para que os alumnos elaboren un breve caderno de ruta, que utilizarán durante o desenvolvemento da actividade.

Quinto.

Os/As directores/as dos centros onde haxa alumnos/as que desexen participar enviaranlle a solicitude, axustándose ó modelo establecido no anexo II da presente orde, á delegación provincial correspondente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Datos dos alumnos solicitantes e autorización do pai, nai ou titor deles (anexo III).

b) Anteproxecto de actividades que se van realizar en relación coa programación do centro e cos obxectivos xerais que figuran no anexo IV.

c) Aprobación do Consello Escolar do centro, se se trata de centros públicos ou privados concertados, ou do órgano colexiado que o substitúa no caso dos centros privados non concertados. A aprobación deberá referirse tanto á realización da actividade como á relación de alumnos/as participantes.

Sexto.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días a partir da data de publicación da presente orde.

Sétimo.

En cada provincia constituirase unha comisión de valoración das solicitudes presentadas que estará presidida polo delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en quen delegue e integrada, en calidade de vocais, por:

-Un inspector de educación (nivel de educación primaria).

-Dous directores de colexios de educación primaria, un do sector público e outro do sector privado.

-Dous pais ou representantes legais de alumnos, un do sector público e outro do sector privado.

-Actuará como secretario, con voz e sen voto, un funcionario da delegación.

Todos eles serán designados polo delegado provincial.

Oitavo.

As comisións provinciais reuniranse no prazo de tres días, unha vez finalizado o período de presentación de solicitudes, procedendo a valoralas, tendo en conta as características socioeconómicas da zona onde está situado o centro docente, co fin de darlles preferencia ós alumnos con menores oportunidades de dispoñer doutras ofertas por razóns económicas, culturais ou ambientais e, en particular, ós procedentes de zonas rurais, arrabaldes ou suburbios.

Así mesmo terase en conta se o centro participou nesta actividade en anos anteriores, co fin de posibilita-la participación dos centros que non o fixeron.

Cada comisión provincial elaborará unha relación de centros solicitantes, por orde de preferencia, en función dos criterios de valoración sinalados e, remitiralla, de inmediato, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

Noveno.

A selección definitiva será realizada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, a través dunha comisión constituída con tal fin e con base nas propostas das comisións provinciais, tendo en conta que non poderá seleccionarse un número de grupos de 6º de educación primaria superior ó que participe na primeira quenda.

Décimo.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Ministerio de Educación e Ciencia efectuará o seguimento e avaliación global do programa de escolas viaxeiras; por isto, os centros participantes, a través do profesor/a acom

pañante coa colaboración do grupo de alumnos/as, enviaranlle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, con posterioridade ó percorrido da ruta e nun prazo máximo de tres meses desde a súa finalización, unha memoria de avaliación da actividade, por exemplar duplicado, cunha extensión non superior a 15 folios, en formato DIN A-4.

Décimo primeiro.

A memoria de avaliación á que se refire o punto anterior constará das seguintes partes:

a) Recollerá os obxectivos da escola viaxeira, as características do grupo, as actividades programadas e os mecanismos e avaliación dos resultados.

b) Diario da viaxe no que se anotará de modo secuencial o desenvolvemento das actividades e a súa dedicación ós obxectivos propostos.

c) Avaliación dos resultados; reflectirá non só os coñecementos adquiridos polo grupo durante o desenvolvemento da escola viaxeira, senón tamén e fundamentalmente, as actitudes suscitadas nos alumnos ó contacto con outras culturas, a súa capacidade para participaren na vida das comunidades visitadas e o nivel de análise crítica e elaboración de alternativas ante os problema locais, alcanzados polo colectivo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros para dictar tódalas disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

CATÁLOGO DE RUTAS

-Ruta de Andalucía Occidental.

Resumo de contidos: Sevilla: Xiralda e catedral, os Reais Alcázares e o Parque de María Luisa. As Institucións autonómicas: o Parlamento andaluz. Lucena: a cidade e as súas industrias, educación vial. A provincia de Córdoba: a olería da Rambla, os viños de Montilla, a cova dos Morcegos e o museo de Zuheros; a cidade de Prego. Córdoba: a Mezquita, itinerario urbano e o zoolóxico.

Aloxamento: Residencia escolar Álvarez de Sotomayor de Lucena (Córdoba). Estrada nacional 331 Córdoba-Málaga (Los Santos). Teléfono: (957) 50 00 16.

Número de grupos: 1.

-Ruta de Andalucía Oriental.

Resumo de contidos: Almería: catedral, cidade, auditorio e porto. O cine: mini-Hollywood. As estre

las e o universo: observatorio astronómico de Calar Alto. Granada: Alhambra e Xeneralife, catedral. Os alimentos: cultivos baixo plástico. A natureza: parque natural de cabo de Gata e minas de ouro de Rodalquilar. Un pobo almeriense: Níjar, o mar, os teares e a olería.

Aloxamento: Centro de Ensinanzas Integradas de Almería. Estrada de Níjar, Km 7. Teléfono: (950) 29 14 40.

Número de grupos: 1.

-Ruta de Tenerife.

Resumo de contidos: noroeste da illa: museo etnográfico. Casa de Carta. Almacén de empaquetado. Porto de Garachico. Icod de los Vinos: drago milenario. Museo arqueolóxico. Punta de Anaga. A Orotava. Porto da Cruz. Xardín de aclimatación. Santa Cruz de Tenerife. La Laguna. Parque nacional das valgadas do Teide. A Candelaria. O sur.

Aloxamento: residencia escolar San Andrés. Barrio de San Andrés. r/ Camino Cercado, s/n, 38120 Santa Cruz de Tenerife. Teléfono (922) 59 13 64.

Número de grupos: 1.

-Ruta de Gran Canaria.

Resumo de contidos: noroeste da illa: desalinizadora de auga de Gáldar. Cenobio de Valerón. Almacén de plátanos. Destilería de ron. Arucas. Porto pesqueiro de Agaete. Caldeira volcánica de Bandama. Xardín canario. Museo de Néstor de la Torre. Porto da Luz. Sur da illa: parque natural, dunas de Maspalomas. Praia do Inglés. Casco antigo da cidade das Palmas: Vegueta, catedral e museo de Colón. Cume da illa de Gran Canaria: O Roque Nublo.

Aloxamento: albergue San Fernando. Avenida da Xuventude, s/n, 35459 Santa María de Guía (As Palmas). Teléfono: (928) 55 06 85.

Número de grupos: 1.

-Ruta de Cataluña.

Resumo de contidos: a Cataluña rural e industrial. A Barcelona do pasado e do futuro. O gótico. O modernismo. Cidade olímpica.

Aloxamento: albergue Torre Ametller, Veïnat de Santa Elena d'Agell, Cabrera de Mar (Mareme). Barcelona. Teléfono: (93) 759 00 97.

Número de grupos: 2.

-Ruta de Euskadi.

Resumo de contidos: a chaira alavesa: importancia da gandería no País Vasco. Bilbao e a súa zona de influencia: o porto. A industria. Donostia-San Sebastián: importancia da beleza da paisaxe no desenvolvemento turístico. Guernika e ría de Mundaka: acercamento ós símbolos históricos de Euskal Herria. Vestixios prehistóricos. O mar. Vitoria-Gasteiz: a cidade e o seu trazado urbanístico; planificación e servicios. Euskadi institucional.

Aloxamento: residencia Carlos Abaitua. R/ Escultor Díez, s/n, 01007 Vitoria. Teléfono: (945) 14 81 15.

Número de grupos: 3.

-Ruta de Navarra.

Resumo de contidos: Navarra do nordés e vales pirenaicos (Roncesvalles). Navarra oceánica: Estella. Pamplona capital. Ribeira tudelana e Bárdenas.

Aloxamento: escola fogar Remontival Estella (Navarra). Teléfono: (948) 55 16 16.

Número de grupos: 2.

-Ruta da Comunidade Valenciana.

Resumo de contidos: Sagunto: castelo e teatro romano. Valencia: centro histórico. O Saler e a albufeira. Xátiva. Alcira. Alacante turístico: Denia, Calpe e Benidorm. Valencia metrópole. O porto. Alboraya.

Aloxamento: residencia Mar e Vent. Piles (Valencia). Teléfono (96) 289 37 48.

Número de grupos: 2.

-Ruta de Zaragoza.

Resumo de contidos: o cinto industrial de Aragón. Comunidade Autónoma e a súa organización. Zaragoza monumental e artística. A cidade como centro de servicios e o seu contorno. O medio rural aragonés e as súas diferentes formas de vida: o val e o Pirineo, secaño e regadío. Cidade de Huesca e o seu contorno: orixe do antigo Reino de Aragón. Aínsa e Boltaña. Espacios naturais e medioambientais: parque nacional de Ordesa e Monte Perdido. Parque natural da Devesa do Moncayo. Mosteiro cisterciense de Veruela. Tarazona.

Aloxamento: residencia Actividades de Alumnos. Venta del Olivar. Praza do Tomillar, s/n, 50011 Zaragoza. Teléfono: (976) 34 11 33.

Número de grupos: 3.

-Ruta de Toledo.

Resumo de contidos: Toledo capital, institucións. O seu contorno: castelo de Guadamur. Os Montes de Toledo. A Mancha: Consuegra, Villacañas, Miguel Esteban e O Toboso. Ruta Cervantina: Illescas, Esquivias, Ocaña e Tembleque. Toledo artístico e monumental.

Aloxamento: escola fogar Mirasierra. Los Yébenes (Toledo). R/ Concepción, s/n. Teléfono (925) 32 04 64.

Número de grupos: 3.

-Ruta de Burgos.

Resumo de contidos: percorrido urbano I: ruínas do castelo de Burgos, industria, mosteiro das Huelgas. A Bureba: Briviesca, Frías, Oña e Poza da Sal. As Loras: Covanera-Pozo Azul, Orbaneja del Castillo. Explotación petrolífera. Percorrido urbano II: San Pedro Cardeña, senda da natureza, catedral de Burgos. Val do Arlanza: Lerma, San Pedro de Arlanza, Covarrubias, La Yecla.

Aloxamento: escola fogar de Fuentes Blancas. Teléfono: (947) 21 72 12.

Número de grupos: 3.

-Ruta de Salamanca.

Resumo de contidos: Salamanca monumental. Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (Fundación Germán Sánchez Ruipérez). Arribes del Duero, centrais eléctricas. Ruta da prata. Béjar (museo téxtil, museo Mateo Hernández). Candelario. Ruta de Ciudad Rodrigo. Fronteira portuguesa (finca experimental Castro Enríquez). Ciudad Rodrigo monumental. Serra de Francia. Pena de Francia. A Alberca.

Aloxamento: escola fogar de Santa Marta de Tormes (Salamanca). Teléfono (923) 20 02 21.

Número de grupos: 2.

-Ruta de Soria.

Resumo de contidos: Berlanga de Duero, San Baudelio, Tajueco, Gormaz. Soria. Vinuesa, lagoa Negra. Canón do río Lobos, Burgo de Osma. San Esteban de Gormaz. Almazán, Medinaceli.

Aloxamento: escola fogar de Berlanga de Duero. Teléfono: (975) 34 31 02.

Número de grupos: 3.

-Ruta de Cáceres.

Resumo de contidos: Estremadura e as súas xentes: Guadalupe e Trujillo, Mérida: capital romana e da Estremadura actual. Institucións autonómicas. Comarcas estremeñas: Coria e Plasencia. Patrimonio histórico-artístico: Cáceres, patrimonio da humanidade. Ecosistemas de Estremadura: parque nacional de Monfragüe.

Aloxamento: Centro de Ensinanzas Integradas. Cáceres. Estrada de Trujillo, s/n. Teléfono (927) 22 59 66.

Número de grupos: 2.

-Ruta de Madrid.

Resumo de contidos: a serra: parque rexional do Manzanares, San Lorenzo de El Escorial. Planetario, Madrid moderno, museo da cidade. Os transportes: o metro, institucións políticas: Congreso dos Deputados. Madrid dos Austrias e Borbóns, zoolóxico. Museo do Prado. Parque de atraccións.

Aloxamento: Centro de Intercambios Escolares. Estrada de Colmenar Viejo, km 12,800. Teléfono (91) 372 12 84 e 734 27 00, Ext.:223.

Número de grupos: 2.

-Ruta de Murcia.

Resumo de contidos: a auga e a horta: transvase Texo-Segura, sistemas tradicionais de rega. Museo da Horta. Agricultura intensiva e industrias derivadas: sementeiro, industria de manipulación e industria de transformación. O Mar Menor: O Carmolí e Manga do Mar Menor, museo do mar. Car

taxena: problemática medioambiental, porto, Asemblea Rexional, museo da mina. Murcia: museo Salzillo, catedral e casino.

Aloxamento: escola fogar Mar Menor. R/ Conde da Liseda. 30720 Santiago da Ribera. San Jabier. Teléfono (968) 57 24 79.

Número de grupos: 3.

-Ruta da Rioxa.

Resumo de contidos: o val do Ebro: Haro. Briones, Logroño e Calahorra. A serra de Cameros. O Camiño de Santiago: Navarrete, Nájera, San Millán de la Cogolla e Santo Domingo Calzada.

Aloxamento: seminario Irmáns Maristas. Estrada de Soria, km 3. Lardero. Teléfono (941) 44 96 76.

Número de grupos: 2.

ANEXO IV

Obxectivos xerais:

-Lograr un adecuado nivel de coñecementos e comprensión integral da comunidade visitada, as súas xentes e costumes, as súas terras, a súa historia e os seus recursos.

-Fomenta-la convivencia e cooperación entre os alumnos, aceptando as diferencias culturais e lingüísticas dos diferentes grupos, e potenciando o desenvolvemento das capacidades individuais.

-Crear hábitos e actitudes positivas na defensa e conservación do medio ambiente e do patrimonio, comezando polo contorno cotián dos alumnos.

-Procura-lo desenvolvemento e a utilización dunha metodoloxía activa e participativa de profesores e alumnos, e o intercambio de experiencias singulares, en relación coa ruta.

-Ampliar, desde o punta de vista didáctico, o ámbito de actuación da escola mercé á investigación e deseño de novas situacións de aprendizaxe, extensivas ó antes e despois da realización da ruta.

Aspectos previos:

-A escola viaxeira é, ante todo, escola. Ofrécelle ó profesor a posibilidade de participar no deseño e experimentación de novas situacións de aprendizaxe, partindo dun modelo docente baseado no seu protagonismo como figura activa do propio currículo, concibido como unha realidade flexible e xeradora dos seus propios contidos.

-O desenvolvemento da personalidade nas súas dimensións individual e social, e o de actitudes a hábitos de cooperación, apertura cara a formas novas de participación responsable ou a formación do espírito creativo e sentido crítico ante os estímulos do medio. E tamén ó que fai referencia a unha escola non homoxeneizadora, que valore e procure desenvolve-las peculiaridades do individuo e do seu estilo persoal e social, favorecendo a convivencia rexional.

-Contribuír a que a acción formativa se inspire no respecto á pluralidade lingüística e cultural de España, ó través do coñecemento e comprensión, precisamente, dos distintos pobos que a constitúen, e da convivencia, ó propio tempo, entre alumnos rapaces de distintas procedencias.

-Unha nova lectura da realidade que haberá de repercutir de forma positiva nos centros, e que se traduce nunha consideración do medio non como algo separado e distinto do suxeito, senón como o espacio de relacións de toda índole que este establece, e no que interveñen tódolos procesos de comunicación e interacción.

Aspectos de metodoloxía e deseño:

-O esquema metodolóxico que máis claras referencias pode ofrecer ó profesor a cargo dos grupos é o que relaciona ós principais axentes educativos, humanos e materiais, que concorren na actividade e nunha primeira aproximación.

-O profesor, en primeiro lugar, como responsable dos alumnos ó seu cargo, deberá desenvolve-los obxectivos específicos do seu proxecto de participación, adecuándoos ós obxectivos xerais da ruta establecida pola coordinación. Na orde técnica velará para que os seus alumnos asistan provistos da documentación e equipamento necesarios.

-O coordinador, como garante dos propósitos educativos e pedagóxicos da experiencia, establecerá o mecanismos e recursos necesarios para a consecución, por unha banda, dos ditos propósitos, e por outra, das expectativas contidas no proxecto de cada un dos grupos participantes. Realizará para isto a posta en común pertinente ó inicio da experiencia e outras máis específicas no curso do seu desenvolvemento.

-O axudante de coordinación levará a coordinación a un nivel máis concreto de actividades e visitas, de acordo coa proposta de ruta e coas previsións didácticas que se establecesen entre os grupos. Na orde técnica velará pola normal secuenciación das actividades e os aspectos que en xeral lle sexan asignados pola coordinación.

-O alumno é o verdadeiro protagonista da actividade. É necesario consegui-la súa participación activa a través dos recursos (caderno de campo e outros) máis apropiados, tanto desde o punto de vista social e convivencial, coma do desenvolvemento das súas capacidades individuais.

-Os recursos, como elemento clave no deseño, partindo dos máis próximos ó ámbito de formación do alumno (importancia dos recursos do propio centro de procedencia) e dos propios da comunidade visitada. A infraestructura (residencia, transporte, etc.) como recurso ó servicio da actividade.

-O ámbito de desenvolvemento da experiencia máis alá da súa realización práctica, e que se estende ós centros de destino dos grupos. Importancia da avaliación e o seguimento, posteriormente dos diferentes aspectos e contidos que se desenvolveron. A memoria, como reflexión xeral sobre as expectativas e logros da actividade.

8129