Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 1996 Páx. 656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 22 de decembro de 1995, do Servicio de Ordenación e Coordinación Alimentaria da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador número 11/1995 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e último enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador 1/1995 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recaudación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 22 de decembro de 1995.

Mª Sagrario Pérez Castellanos

Xefa do Servicio de Ordenación e Coordinación Alimentaria

ANEXO

Expediente: 11/1995.

Denunciado: Ignacio Pérez Moar.

Último enderezo coñecido: As Xubias, s/n, A Coruña.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Real decreto 308/1993 (moluscos bivalvos).

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade). Artigo 5.3º, do Real decreto 1945/1983 (infraccións e sancións). Artigo 4 do Decreto 157/1985 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 1.000.000 de ptas.