Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 1996 Páx. 640

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995 pola que se lle concede á empresa Estudios Alfa, a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Salvador Alba Fernández, en representación da empresa Estudios Alfa, e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnes profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 25 do Regulamento de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria aprobada por Orde do 16 de xullo do 1981 (BOE do 13-8-1981), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención deles.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentariamente establecidos, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgarlle á empresa Estudios Alfa, a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos no número de horas axustarase ó disposto na Orde do 8 de abril de 1983 (BOE do 16-4-1983).

Para imparti-los cursos, deberá presentar ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral os requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9600241