De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.
En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: nº 311-152-116/7 Caixa Galicia. Oficina Principal Lugo.
ANEXO
Expediente: LU-3/95.
Denunciado: Ramón Montoya Jiménez.
DNI nº: 33.331.446.
Último enderezo coñecido: Rúa Poeta Aquilino Alvariño Lugo.
Feitos imputados: transporte de gando equino, no vehículo matrícula LU-6645-M, carecendo do documento acreditativo de te-lo vehículo dado de alta no Servicio de Sanidade e Producción Animal desta delegación provincial para o transporte de gando.
Tipificación da infracción no Regulamento de epizootias:
Precepto infrinxido: artigo 52.
Precepto sancionador: artigo 215.
Cualificación infracción: menos grave.
Sanción: 25.000 pesetas.
Lugo, 26 de decembro de 1995.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo
181