Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 1996 Páx. 623

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 29 de decembro do 1995 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Manual de Urxencias Bucodentais.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de tasas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, previo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.

2. Este precio entenderase, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Manuel de Urxencuias Bucodentais975 ptas.

0225