Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia o concurso público para a subministración de material informático e audiovisual para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 1996.

En execución do acordo adoptado pola Mesa do Parlamento de Galicia, na reunión celebrada o día 9 de xaneiro de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratacións das administracións públicas, esta presidencia préstalle a súa aprobación ó seguinte anuncio:

Obxecto da contratación: é a subministración de material informático e audiovisual para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 1996, coas especificacións técnicas contidas nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOPG número 389, do 12 de xaneiro de 1996.

Orzamento: o orzamento autorizado para esta contratación ascende á cantidade total de oito millóns cincocentas cincuenta mil pesetas (8.550.000 ptas.), IVE incluído, co seguinte detalle:

Lote nº 1 - Material informático: 5.550.000 ptas.

Lote nº 2 - Material audiovisual: 3.000.000 ptas.

A subministración financiarase con cargo á partida 01.01.111B.220.02 do orzamento da Cámara para o exercicio de 1996.

Órgano de contratación: o contrato será adxudicado pola Mesa do Parlamento de Galicia con sede no pazo do Parlamento de Galicia na cidade de Santiago de Compostela.

Procedemento e forma de adxudicación: dentro do procedemento aberto, a forma de adxudicación seleccionada é o concurso público.

Lugar e prazo de entrega: o material obxecto de subministración entregarase na sede do Parlamento de Galicia nun prazo non superior a un mes a partir do día seguinte ó da notificación do acordo da adxudicación do contrato.

Licitadores: poderán presenta-las súas ofertas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se atopen incursas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Presentación das ofertas: as ofertas redactaranse conforme o modelo de proposición inserto na base sexta do prego de cláusulas administrativas particulares.

O propoñente poderá presentar oferta separada para cada lote en dous sobres pechados e denominados A e B, nos que fará consta-lo seu contido e o nome do licitador.

O primeiro sobre, marcado coa letra A, conterá a documentación que acredite a personalidade dos licitadores ou do seu representante legal, así como os demais documentos complementarios fixados na base 6.2 do prego.

O segundo sobre, coa letra B, conterá a proposición económica nos termos previstos no modelo de proposición fixado no base 6.1.

Garantías: a fianza provisional fíxase no 2% do orzamento do contrato e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación e poderán constituirse en efectivo, en títulos de débeda pública ou en aval bancario, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, nos Servicios Económicos do Parlamento de Galicia.

Lugar e prazo de presentación das proposicións: presentaranse no Rexistro do Parlamento de Galicia -entre as 9.30 horas e as 14.30 horas de luns a venres- dentro dos catorce días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil ou sábado entenderease prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: o acto público de apertura do sobre B, que contén a proposición económica, farase ante a mesa de contratación, ás 12 horas na sede do Parlamento de Galicia, ós cinco

días hábiles seguintes ó do remate de presentación de proposicións.

Criterios para a adxudicación: son os relacionados na cláusula administrativa particular décima.

Publicación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares publicouse íntegro no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 389, do 12 de xaneiro de 1996 e atópase a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia.

Para calquera información complementaria que se demande, poderán dirixirse ó Parlamento de Galicia a través de:

-Telefax: (981) 57.10.41.

-Teléfono: (981) 56.16.00, Ext. 253.

Réxime xurídico: o presente contrato de subministración rexerase polas normas contidas no prego de cláusulas administrativas particulares e polo disposto nos artigos 172 e seguintes da Lei de contratos das administracións públicas, así como polo Regulamento xeral de contratación e normas complementarias.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

146