Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 4 de xaneiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Felu número 5.

Visto o expediente incoado por Flora Padín Montenegro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Felu nº 5, outorgado pola orde ministerial do 20-5-1964 (BOE nº 133), situado na cuadrícula nº 101, do polígono A de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión o 20-5-2004, e do que era titular José Mariño Nogueira.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Flora Padín Montenegro, María Dolores Mariño Padín, Juan José Mariño Padín, Ramón Mariño Padín, Carmen Mariño Padín e Alicia Mariño Padín.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a

observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 4 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

96-0172