Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 1996 Páx. 587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de decembro de 1995 pola que se aproba o plan de explotación xeral marisqueira para o ano 1996.

Advertidos erros na Orde do 22 de decembro de 1995, publicada no DOG nº 1, do 2 de xaneiro, pola que se aproba o plan de explotación xeral marisqueira para o ano 1996, cómpre face-las oportunas correccións:

No artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras, debe engadirse entre as confrarías de Espasante e do Vicedo o seguinte plan de explotación:

Confraría do Barqueiro:

Días máximos de extracción: 75

Puntos de venda: lonxa do Barqueiro e caseta de San Fiz.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xullo a agosto, de outubro a decembro.

No artigo 9º.-Navalla e longueirón, deben engadirse entre as confrarías de Muros e Muxía os seguintes plans de explotación:

Plan de longueirón e navalla da confraría de Corcubión:

Días máximos de extracción: 120

Puntos de control: praia do ézaro, praia de Brens, praia de Cee, praia de Corcubión.

Puntos de venda: peirao de Corcubión e lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.

Plan de longueirón da confraría de Fisterra:

Días máximos de extracción: 130

Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.

96-170