Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28 de decembro de 1996, adoptou o acordo de presta-la súa aprobación inicial á modificación puntual das normas subsidiarias de Guitiriz, para parque empresarial.

En cumprimento do disposto no artigo 128 do regulamento de planeamento para o desenvolvemento da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, o dito documento queda exposto ó público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, prazo durante o cal poderán formularse, perante esta alcaldía, as reclamacións ou observacións que se estimen pertinentes.

Guitiriz, 5 de xaneiro de 1996.

A alcaldesa

Rubricado